The Next Day

The Next Day
Álbum de David Bowie
Publicado8 de marzo do 2013
Estudio(s)The Magic Shop, New York City
Duración53:14
Xénero(s)Rock
Selo(s)ISO, Columbia
Producido porTony Visconti
Cronoloxía
A Reality Tour (2010) The Next Day

The Next Day é o vixésimo cuarto álbum de estudio do músico inglés David Bowie, publicado o día 8 de marzo do 2013 a través do propio selo de Bowie ISO Records, baixo licenza exclusiva para Columbia Records. O disco anunciouse inesperadamente o día do 66 aniversario de Bowie, o 8 de xaneiro do 2013. A páxina do artista foi actualizada co vídeo para o sinxelo principal, "Where Are We Now?", e este inmediatamente foi posto á venda na iTunes Store.

É o primeiro álbum con material novo de Bowie en dez anos, dende o Reality do ano 2003, e sorprendeu aos seareiros e aos medios que crían que estaba retirado[1]. O disco foi posto en stream a través de iTunes días antes do seu lanzamento oficial[2]. O álbum foi recibido pola aclamación da crítica e fíxolle gañar a Bowie o seu primeiro número 1 no Reino Unido dende o Black Tie White Noise de 1993.

  1. mirror.co.uk - David Bowie 65th birthday: Why glam rock legend is content to have retired from the limelight (en inglés)
  2. Facebook oficial - Listen to The Next Day on iTunes now

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy